Bienvenid@s
Solcapin, el blog de las alumnas y alumnos de 1º y 2º de Educación Primaria del C.P.R. Plurilingüe Calasancias de A Coruña.
Mostrando entradas con la etiqueta Magosto. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Magosto. Mostrar todas las entradas
miércoles, 12 de noviembre de 2014
miércoles, 5 de noviembre de 2014
O Magosto
En novembro ten lugar o magosto,
celébrase especialmente o día de Tódolos Santos (1 de novembro) e o de
San Martiño (11 de novembro). O lugar orixinario onde se celebraba era
no monte, mais hoxe en día celébrase tamén na casa, ao carón do lume no
fogar, nun rincón da aldea...
A xente reuníase para asar e, despois, comer as castañas. Cando
terminaba o magosto tiñan lugar xogos e bailes. O xogo máis común era o
de tiznarse a cara uns aos outros.
Os magostos están relacionados co día dos defuntos porque existía a
creencia de que por cada castaña que se comía se liberaba unha alma do
purgatorio.
Os
elementos básicos do magosto son: as castañas, o lume e o viño. Os
zonchos eran os collares ou rosarios de castañas cocidas coa monda e
atravesadas cun fío, esta é unha costume que aínda hoxe se mantén.
Actualmente realízanse magostos en case tódolos lugares de Galicia, pois se intenta recuperar a costume.

Adiviña
Son verde e non son limón,
son moura e non son carbón,
son vermella e non son sangue,
son branca e non son papel,
que cousiña son?
O próximo martes 11 de novembro celebrarémolo magosto co resto do cole. Comeremos castañas e pasarémolo xenial!
martes, 12 de noviembre de 2013
MAGOSTO
Seguindo a tradición do Magosto, no "cole" tamén nos quixemos reunir para celebrar esta festa. Aquí vos deixamos unhas fotiños para que lles botedes unha ollada e comprobar o ben que o pasamos!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
