Bienvenid@s


Solcapin, el blog de las alumnas y alumnos de 1º y 2º de Educación Primaria del C.P.R. Plurilingüe Calasancias de A Coruña.


Mostrando entradas con la etiqueta Lingua Galega. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Lingua Galega. Mostrar todas las entradas

viernes, 13 de mayo de 2016

Concurso deletreo

Este ano para celebrar por todo o alto o Día das Letras Galegas participamos nun concurso de deletreo de palabras en galego. Foi moi emocionante!

Noraboa a todos e, sobre todo, aos finalistas e gañadores! Sodes uns campións!





miércoles, 11 de mayo de 2016

Letras Galegas 2016




 O día 17 de maio é o día das nosas letras, das Letras Galegas. A elección deste día débese á publicación, no ano 1863, do primeiro exemplar da obra Cantares Gallegos, de Rosalía de Castro, que marcou o inicio dunha mellor época para a nosa lingua. Por iso este día é festivo na nosa comunidade.
     Cada ano adícase este día a unha persoa diferente que destacase pola súa creación literaria en lingua galega. Esta elección é levada a cabo pola Real Academia Galega, pasando, como mínimo, dez anos da morte desa persoa.
     Este ano homenaxeamos ao escritor Manuel María Fernández Teixeiro, nado no ano 1929 en Lugo.