O día 17 de maio é o día das nosas letras, das Letras Galegas. A elección deste día débese á publicación, no ano 1863, do primeiro exemplar da obra Cantares Gallegos, de Rosalía de Castro, que marcou o inicio dunha mellor época para a nosa lingua. Por iso este día é festivo na nosa comunidade.
Cada ano adícase este día a unha persoa diferente que destacase pola súa creación literaria en lingua galega. Esta elección é levada a cabo pola Real Academia Galega, pasando, como mínimo, dez anos da morte desa persoa.
Este ano homenaxeamos ao poeta Xosé María Díaz Castro. Se queres saber máis sobre a súa vida pincha no seguinte enlace.
Coñece e xoga con Xosé María Díaz Castro
Coñece e xoga con Xosé María Díaz Castro
Podedes botarlle unha ollada tamén a este vídeo para ver a algúns alumnos de 2º facendo un pequeno libriño sobre a vida do autor. (Canción: Esa lus cantada polo alumnado do instituto de Guitiriz - Lugo).
No hay comentarios:
Publicar un comentario