O día 17 de maio é o día das nosas letras, das Letras Galegas. A elección deste día débese á publicación, no ano 1863, do primeiro exemplar da obra Cantares Gallegos, de Rosalía de Castro, que marcou o inicio dunha mellor época para a nosa lingua. Por iso este día é festivo na nosa comunidade.
Cada ano adícase este día a unha persoa diferente que destacase pola súa creación literaria en lingua galega. Esta elección é levada a cabo pola Real Academia Galega, pasando, como mínimo, dez anos da morte desa persoa.
Este ano homenaxeamos a Roberto Vidal Bolaño, escritor e actor, nado no ano 1950 en Santiago de Compostela. Se queres saber máis sobre él, pincha aquí.
Deixámosvos outros enlaces interesantes que traballaremos no aula, ademais de achegarnos a algunha obra clásica en galego.
Deixámosvos outros enlaces interesantes que traballaremos no aula, ademais de achegarnos a algunha obra clásica en galego.
1 comentario:
me encantó jugar al juego de Roberto Vidal Bolaño,el que más me gustó fue rompecabezas. Eva Broz Vázquez 1B primaria.
Publicar un comentario