En novembro ten lugar o magosto,
 celébrase especialmente o día de Tódolos Santos (1 de novembro) e o de 
San Martiño (11 de novembro). O lugar orixinario onde se celebraba era 
no monte, mais hoxe en día celébrase tamén na casa, ao carón do lume no 
fogar, nun rincón da aldea...
 
    A xente reuníase para asar e, despois, comer as castañas. Cando 
terminaba o magosto tiñan lugar xogos e bailes. O xogo máis común era o 
de tiznarse a cara uns aos outros. 
    
 Os magostos están relacionados co día dos defuntos porque existía a 
creencia de que por cada castaña que se comía se liberaba unha alma do 
purgatorio. 
     Os 
elementos básicos do magosto son: as castañas, o lume e o viño. Os 
zonchos eran os collares ou rosarios de castañas cocidas coa monda e 
atravesadas cun fío, esta é unha costume que aínda hoxe se mantén.
     Actualmente realízanse magostos en case tódolos lugares de Galicia, pois se intenta recuperar a costume.
 Adiviña
Adiviña
Son verde e non son limón,
son moura e non son carbón,
son vermella e non son sangue,
son branca e non son papel,
que cousiña son?
O próximo martes 11 de novembro celebrarémolo magosto co resto do cole. Comeremos castañas e pasarémolo xenial!