Bienvenid@s


Solcapin, el blog de las alumnas y alumnos de 1º y 2º de Educación Primaria del C.P.R. Plurilingüe Calasancias de A Coruña.


miércoles, 5 de noviembre de 2014

O Magosto



En novembro ten lugar o magosto, celébrase especialmente o día de Tódolos Santos (1 de novembro) e o de San Martiño (11 de novembro). O lugar orixinario onde se celebraba era no monte, mais hoxe en día celébrase tamén na casa, ao carón do lume no fogar, nun rincón da aldea...
     A xente reuníase para asar e, despois, comer as castañas. Cando terminaba o magosto tiñan lugar xogos e bailes. O xogo máis común era o de tiznarse a cara uns aos outros.
     Os magostos están relacionados co día dos defuntos porque existía a creencia de que por cada castaña que se comía se liberaba unha alma do purgatorio.
     Os elementos básicos do magosto son: as castañas, o lume e o viño. Os zonchos eran os collares ou rosarios de castañas cocidas coa monda e atravesadas cun fío, esta é unha costume que aínda hoxe se mantén.
     Actualmente realízanse magostos en case tódolos lugares de Galicia, pois se intenta recuperar a costume.



Adiviña

Son verde e non son limón,
son moura e non son carbón,
son vermella e non son sangue,
son branca e non son papel,
que cousiña son?

O próximo martes 11 de novembro celebrarémolo magosto co resto do cole. Comeremos castañas e pasarémolo xenial! 

3 comentarios:

Paula dijo...

Hola soy Paula de 2ºB .Seguro que nos lo pasamos genial en el magosto.

Antia dijo...


Hola soy Antia de 2B y la itoria que
nos pusite me gusta mucho gracias profe muchos besos´.

MARTA dijo...

HOLA SOY MARTA DE 2B ME GUSTO MUCHO LA ADIVINANZA. UN BESO. GRACIAS PROFE