Bienvenid@s


Solcapin, el blog de las alumnas y alumnos de 1º y 2º de Educación Primaria del C.P.R. Plurilingüe Calasancias de A Coruña.


lunes, 15 de mayo de 2017

Letras Galegas 2017


O día 17 de maio é o día das nosas letras, das Letras Galegas. A elección deste día débese á publicación, no ano 1863, do primeiro exemplar da obra Cantares Gallegos, de Rosalía de Castro, que marcou o inicio dunha mellor época para a nosa lingua. Por iso este día é festivo na nosa comunidade.
     Cada ano adícase este día a unha persoa diferente que destacase pola súa creación literaria en lingua galega. Esta elección é levada a cabo pola Real Academia Galega, pasando, como mínimo, dez anos da morte desa persoa.
     Este ano homenaxeamos ao escritor Carlos Casares, nado no ano 1941 en Ourense.
    Deixámosvos outros enlaces interesantes que traballaremos no aula, ademais de achegarnos a algunha obra clásica en galego.



A galiña azul é una das súas obras coñecidas.



No hay comentarios: