Cada día, ao chegar a clase, os nenos e nenas de 2º achéganse á ventá para observar como se atopan as nosas novas compañeiras de clase: as nosas plantiñas. Despois dunha Semana Santa un tanto tormentosa (cando voltamos pensamos que morrían), reviviron e están medrando día a día, que ilusión!
Estamos a facer un pequeno traballo sobre estas plantas medicinais, aquí podedes ver algunhas das fichas técnicas que fixemos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario