Bienvenid@s


Solcapin, el blog de las alumnas y alumnos de 1º y 2º de Educación Primaria del C.P.R. Plurilingüe Calasancias de A Coruña.


miércoles, 15 de marzo de 2017

Día Mundial do Consumidor

O Día Mundial do Consumidor celebrouse por primeira vez o 15 de marzo de 1983, malia que o anuncio dos dereitos dos consumidores/as fixérase 20 anos antes, polo daquela presidente dos Estados Unidos, J.K. Kennedy. En España elaborouse a Lei Xeral da Defensa dos Consumidores/as, na que recollen, entre outros dereitos, o dereito á información e á libre escolla e o dereito á protección da saúde e do medio natural.

     Celebrando este día na escola preténdese facer dos alumnos/as uns consumidores responsables, conscientes dos seus dereitos e obrigas, así como desenvolver actitudes críticas e solidarias fronte aos produtos que se lles ofertan.
      Ademais, téntase que adquiran coñecementos que atinxen directamente a un aspecto tan importante como é a súa saúde e á súa seguridade. Os deixamos unhas etiquetas que podedes ver en diferentes produtos e que indican a súa perigosidade ou se son inofensivos.





No hay comentarios: