Bienvenid@s


Solcapin, el blog de las alumnas y alumnos de 1º y 2º de Educación Primaria del C.P.R. Plurilingüe Calasancias de A Coruña.


jueves, 15 de mayo de 2014

Letras Galegas 2014: Xosé María Díaz Castro



O día 17 de maio é o día das nosas letras, das Letras Galegas. A elección deste día débese á publicación, no ano 1863, do primeiro exemplar da obra Cantares Gallegos, de Rosalía de Castro, que marcou o inicio dunha mellor época para a nosa lingua. Por iso este día é festivo na nosa comunidade.
     Cada ano adícase este día a unha persoa diferente que destacase pola súa creación literaria en lingua galega. Esta elección é levada a cabo pola Real Academia Galega, pasando, como mínimo, dez anos da morte desa persoa.
     Este ano homenaxeamos ao poeta  Xosé María Díaz Castro. Se queres saber máis sobre a súa vida pincha no seguinte enlace.

Coñece e xoga con Xosé María Díaz Castro

 

Podedes botarlle unha ollada tamén a este vídeo para ver a algúns alumnos de 2º facendo un pequeno libriño sobre a vida do autor. (Canción: Esa lus cantada polo alumnado do instituto de Guitiriz - Lugo).



No hay comentarios: